Benvidos

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Plurilíngüe de Ames davos a benvida un ano máis e congratúlase de contar co voso apoio e interese. Un dos obxectivos da ANPA é a proximidade e facilidade de comunicación entre os integrantes da mesma e as personas que por diferentes circunstancias necesiten un referente para os temas relacionados co noso IES.

Con esta e outras ideas que a continuación vos exponemos iniciamos esta nova etapa, con toda a ilusión e esperanza de contar coa vosa colaboración. Animámosvos a que formedes parte da mesma, de xeito directo ou indirecto, facéndonos chegar as vosas opinións, observacións, críticas e todo aquilo que vaia por e para lograr unha eficaz cooperación e solución dos asuntos que poidan afectar ou estar relacionados cos nosos fillos e fillas e o seu mundo académico.

Así:

  • Atenderemos ás nais, pais e titores para intentar resolver as súas demandas ou trasladalas aos órganos correspondentes do centro.
  • Promoveremos actividades formativas, culturais, de estudio e reunións de colaboración ao longo do curso dirixidas a alumnos/as, nais, pais e titores.
  • Informaremos sobre proxectos do centro, normativas, axudas, becas, cursos, actividades extraescolares, deportivas e outras de interese académico.
  • Fomentaremos, estimularemos e facilitaremos a participación de nais, pais e titores dos alumnos na xestión do centro a través do Consello Escolar, asistencia as asembleas e actividades organizadas pola ANPA, polo Centro ou outras entidades; así como as relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.
  • E todas aquelas actividades recollidas nos Estatutos desta Asociación.

Unete_a_ANPA

Cantos máis sexamos maior será o respaldo que nos asista e conformará unha idea de traballo dun grupo implicado no futuro dos nosos fillos e fillas.

A ANPA formámola a Xunta Directiva e todos os Socios que coa vosa aportación por ano e familia decidides confiar na xestión dos que nestes momentos estamos ao frente da mesma dun xeito voluntario e coa principal finalidade de servizo aos alumnos, pais, nais, titores e comunidade educativa en xeral.

A información para entrar a formar parte desta, a túa ANPA, podedes consultala na sección SOCIOS:Incrición e contacto desta web, onde tamén poderedes consultar outras informacións de interese, ou ben descargar a FOLLA DE DATOS.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s